Como se pode comprobar nos videos a emigración galega cara América foi unha epoca escura para Galicia e os seus habitantes xa que milleiros de persoas tiveron que marchar en busca dun futuro para eles e unha mellora de vida e un progreso para as súas familias.
Esta emigración foi masiva como podemos ver no primeiro video as numerosas imaxes de carteles e billetes de embarque, barcos ateigados de galegos, os portos, as despedidas dos pais de familia que se iban deixando aqui as mulleres e os fillos, e outros tantos que marchaban toda a familia para buscar ali un novo futuro. A vida desas persoas tivo que ser dura sobre todo ó comezo xa que vas para un lugar distinto que non coñeces, non sabes o que te podes atopar nin onde acabarás. Estes emigrantes tamen sufriron moitas penurias nos empregos ainda que alguns conseguiron facerse grandes empresarios e xente adiñeirada, pero todo a base de moito esforzo.
Un gran apoio e vantaxe para os exiliados foi esa emigración masiva que fixo que unha vez en America estes fixeron reunións e asociacións de galegos onde por un momento creaban a súa propia Galicia.
Algunhas das melloras que tivo esta comunidade gracias á emigración foi a creación das escolas da emigración, xa que un dos motivos deste exilio era a ignorancia e a falta de estudos estas persoas querian que iso cambiase para os seus descendentes por iso iban enviando donacións para que se construisen estas escolas e asi os seus fillos poideran recibir educación.
Tamen tiveron moita axuda das asociacións de instrución que contribuian nestas escolas para a educación dos xovenes. Hoxe en dia son miles este tipo de escolas que estan repartidas por toda a comunidade, un simbolo do que noutro tempo foi unha etapa triste.