venres, 9 de maio de 2014

Un galego no século XIX

Na étapa dos anos 90 a vida sería case totalmente agraria. O consumo de carne só era posible nas clases máis poderosas, debido a que a vida en 1890 foi un período negativo xa que a produción e extensión dos cereais, tiñan un prezo alto.
Existia un atraso agrícola que veu dado por causas naturais; o sistema agrario era primitivo, pero isto era rentable para os propietarios das terras. 
Para a industria, esta agricultura obtiña mercado, o que trae consigo que a man de obra sexa moi barata e moita da poboación fora analfabeta.
En Galicia a vida basabase na agricultura e na pesca que posteriormente irán incorporandose as teceduras.En menos cantidade tamén había unha actividade comercial de pescado.
A vida no século XIX desenrolabase principalmente en aldeas, casas de campo, onde o home era o que se encargaba do coidado do gando e a muller das tarefas do fogar e a súa maior parte do tempo tecendo como se ve nos vídeos.

Nesta época, Galicia perdeu poboación debido as emigracións hacia Cuba, isto trae consigo unha época de fame e pobreza que había na maior parte da comunidade galega.Moitas das persoas de Galicia pasaron penurias e moita fame debido que non había moitos subministros para alimentarse e sufren a fame e a pobreza da época e outras aforraban os seus diñeiros para emigrar fora de Galicia en busca de melloras.
A xente galega abasteciase do que cultivaban do campo e tamén dos animais que coidaban se tiñan sorte xa que non era moi abundante, é dicir, as familias non tiñan demasiados animais como para poder subsistir da fame e da pobreza con eles.

A vida dun galego no século XIX, era a estancia nas aldeas, xa que había unha escasa urbanización xa que non existían as frandes cidades e a xente vivía do rural.Todo vai estar en referencia ao rural hasta que chega o proceso da súa desaparición, e con isto desaparece o mundo labrego, eliminase o tradiciona e o permanente.. e con todo isto Galicia, reforzada pola forma de vida, o traballo comunal, a produción, as creenzas, todo está datada de anos moi antigos donde Galicia se consideraba unha Galicia rural.








xoves, 10 de abril de 2014

A emigración galega en América

Como se pode comprobar nos videos a emigración galega cara América foi unha epoca escura para Galicia e os seus habitantes xa que milleiros de persoas tiveron que marchar en busca dun futuro para eles e unha mellora de vida e un progreso para as súas familias.

Esta emigración foi masiva como podemos ver no primeiro video as numerosas imaxes de carteles e billetes de embarque,  barcos ateigados de galegos, os portos, as despedidas dos pais de familia que se iban deixando aqui as mulleres e os fillos, e outros tantos que marchaban toda a familia para buscar ali un novo futuro. A vida desas persoas tivo que ser dura sobre todo ó comezo xa que vas para un lugar distinto que non coñeces, non sabes o que te podes atopar nin onde acabarás. Estes emigrantes tamen sufriron moitas penurias nos empregos ainda que alguns conseguiron facerse grandes empresarios e xente adiñeirada, pero todo a base de moito esforzo.

Un gran apoio e vantaxe para os exiliados foi esa emigración masiva que fixo que unha vez en America estes fixeron reunións e asociacións de galegos onde por un momento creaban a súa propia Galicia.
Algunhas das melloras que tivo esta comunidade gracias á emigración foi a creación das escolas da emigración, xa que un dos motivos deste exilio era a ignorancia e a falta de estudos estas persoas querian que iso cambiase para os seus descendentes por iso iban enviando donacións para que se construisen estas escolas e asi os seus fillos poideran recibir educación.

Tamen tiveron moita axuda das asociacións de instrución que contribuian nestas escolas para a educación dos xovenes. Hoxe en dia son miles este tipo de escolas que estan repartidas por toda a comunidade, un simbolo do que noutro tempo foi unha etapa triste.


venres, 7 de marzo de 2014

A Industria da Salgadura en Galicia


No ano 1770, un comerciante coruñés Don Xerónimo de Hijosa instalou por poder unha fábrica de secado e salgadura de peixe na Illa de Sálvora pertencente ao municipio de Ribeira,  que en 1960 se lle añadiron dúas torres e almenas, e hoxe é conocida como O Almacén, sendo a primeira factoría de salgadura de Galicia.
Bueu foi pioneiro no desenvolvemento da industria da salgadura en Galicia.Dende o século XVIII ata o século XX a industria atravesou distintas etapas, para finalmente adaptar as súas factorías á industria conserveira.


A industria da salgadura en Galicia tivo moitas dificultades como podemos ver no texto do autor José Andrés Cornide Saavedra onde fala, dende o punto de vista dun ilustrado, dos problemas que tivo esta industria que podería ser un grande avance para a economía de Galicia. O principal problema foi a aparición dos cataláns no comercio de Galicia que transtornaron a boa vida e a abundancia deste pobo. como di o autor  " viciaban os seus costumes" con isto refírese a que promovian os vicios para que os galegos  fracasaran nos seus obxetivos.

Outro texto que fala desta situación é o do ilustrado Francisco Somoza de Monsoriu que dí que os cataláns aprobeitabanse da boa pesca e da industria da salgadura asi como do resto do comercio tratando os galegos como ignorantes polo seu descoñecemento nestas innovacións o ministerio era o causante disto xa que lle concedía a estes estranxeiros os postos de traballo e oportunidades que correspondían ó pobo galego.

Con todo isto esta industria veuse afectada por varias situacións a principal foi a explotación masiva da sardiña o que fixo que a salgadura decaera, outras consecuencias foron o crack do 29 que fixo que o comercio decaera en todo o mundo. Durante a Guerra Civil exportouse moito dende galicia xa que no resto da nación escaseaban os alimentos pero despois da Guerra as industrias volveron a decaer.

Toda a decadencia sufrida na posguerra xunto cos problemas anteriores trae para Galicia certas consecuencias nun futuro. Entre elas a mais importante é a situacion de atraso que ten esta comunidade ,no que a comercio e industria se refire, respecto do resto da nación. Ó mesmo tempo a intrusión dos cataláns e esa fama que tiñan os galegos de ignorancia e mediocridade arrastrouse ata os nosos dias como un tópico.





venres, 28 de febreiro de 2014

As Revoltas Irmandiñas

As Revoltas Irmandiñas destruiron castelos entre eles:
O Castelo de Borraxeiros no concello de Agolada, era un castelo -fortaleza medieval , foi derrubado en 1467 debido a Gran guerra Irmandiña. Ditas ruínas deste castelo serven de asento para a construción dun edificio feudal. Co paso do tempo dánse diversas reconstrucións o que fai que se cree a casa señorial.







O Castelo de Ribadavia o que queda del son as ruínas do que foi o antigo castelo e o que era a residencia de Ribadavia, da familia Sarmiento. Son restos dun castelo que era de grandes dimensións que ten sido escavado e hoxe en día está en proceso para a súa rehabilitación.





O Castelo de Sandiás, tamén coñecido como Torre de Sandiás ou Torre do Castro, situado en Ourense.
Foi construído sobre un antigo castro, aproximadamente a metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado de Lima, entre o monarca Alfonso XVII de Castela e León e Alfonso Henriques de Portugal.
No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde no ano 1467 o arrasaron os irmandiños. 





As celebracións das Revoltas Irmandiñas.

O castelo de Moeche e a Guerra Irmandiña.

Esta celebración pretende conmemorar a Guerra Irmandiña de 1431, ano no que os vasalos dos Andrade, liderados polo Rei Xordo, se levantaron contra o seu señor Nuño Freire de Andrade, O Mao, polos abusos que éste cometida constantemente contra o seu pobo.
As masas en rebelión dirixironse contra o castelo pero non encontraron alí a Nuño Freire xa que fuxira coa súa familia. Tras derrubar as súas posesións o seguiron ata Santiago de  Compostela onde lle protexía o arcebispo da cidade. Finalmente, tras reorganizar ao seu exército Nuño Freire derrotou o pobo  sublevado na Batalla de Eume onde caeu o heroico Rei Xordo.
Esta celebración ubicase na comarca de Ferrol, e realizase dende o ano 1980 o día  20 de Agosto en Moeche.  Empezou sendo un festival de música celta pero ao largo do tempo converteuse nun festival con un marcado caracter histórico , cultural e sobre todo musical, pero tamén acolle exposicións de pintura, de artesanía, representacións teatrais e o concurso de carteles.
Aínda que a música é o eixe central desta celebración,o acto principal da festa é o asalto ao castelo de Moeche que recrea a conquista irmandiña da fortaleza dos Andrade.

O castelo é o auténtico protagonista da celebración e ao seu arredor xira toda a festa, enchese de estandartes e pendons, e cubrese de luces. Ademais ao seu carón hai numerosos postos de comida e artesanía.



 O Castelo de Monterrei.

A Grande Guerra Imandiña, en especial a batalla que se libru frente ao castelo de Monterrei, un castelo impotente situado ao lado da villa de Verín (Ourense).
Célebrase normalmente nos últimos días de Setembro ou a primeiros de Octubre de cada ano nun dos castillos máis grandes e mellor conservados de Galicia, e omellor desto é que durante a escenificación podes dormir dentro del e andar por el. Para máis realismo, todo o mundo vai vestido como a xente da época, come coas mans como na época, e non se poden levar móviles, reloxos ou nada que se salga moito do que solían vestir en eses anos. O xogo consiste en realizar o papel dun dos guerilleiros en calquera dos dous bandos, con todo o que conleva. Guardiáns ao anoitecer, batallas entre centos de contrincantes, festas baixo á fogueira, enterramento dos líderes caídos...