venres, 28 de febreiro de 2014

As Revoltas Irmandiñas

As Revoltas Irmandiñas destruiron castelos entre eles:
O Castelo de Borraxeiros no concello de Agolada, era un castelo -fortaleza medieval , foi derrubado en 1467 debido a Gran guerra Irmandiña. Ditas ruínas deste castelo serven de asento para a construción dun edificio feudal. Co paso do tempo dánse diversas reconstrucións o que fai que se cree a casa señorial.







O Castelo de Ribadavia o que queda del son as ruínas do que foi o antigo castelo e o que era a residencia de Ribadavia, da familia Sarmiento. Son restos dun castelo que era de grandes dimensións que ten sido escavado e hoxe en día está en proceso para a súa rehabilitación.





O Castelo de Sandiás, tamén coñecido como Torre de Sandiás ou Torre do Castro, situado en Ourense.
Foi construído sobre un antigo castro, aproximadamente a metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado de Lima, entre o monarca Alfonso XVII de Castela e León e Alfonso Henriques de Portugal.
No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde no ano 1467 o arrasaron os irmandiños. 





As celebracións das Revoltas Irmandiñas.

O castelo de Moeche e a Guerra Irmandiña.

Esta celebración pretende conmemorar a Guerra Irmandiña de 1431, ano no que os vasalos dos Andrade, liderados polo Rei Xordo, se levantaron contra o seu señor Nuño Freire de Andrade, O Mao, polos abusos que éste cometida constantemente contra o seu pobo.
As masas en rebelión dirixironse contra o castelo pero non encontraron alí a Nuño Freire xa que fuxira coa súa familia. Tras derrubar as súas posesións o seguiron ata Santiago de  Compostela onde lle protexía o arcebispo da cidade. Finalmente, tras reorganizar ao seu exército Nuño Freire derrotou o pobo  sublevado na Batalla de Eume onde caeu o heroico Rei Xordo.
Esta celebración ubicase na comarca de Ferrol, e realizase dende o ano 1980 o día  20 de Agosto en Moeche.  Empezou sendo un festival de música celta pero ao largo do tempo converteuse nun festival con un marcado caracter histórico , cultural e sobre todo musical, pero tamén acolle exposicións de pintura, de artesanía, representacións teatrais e o concurso de carteles.
Aínda que a música é o eixe central desta celebración,o acto principal da festa é o asalto ao castelo de Moeche que recrea a conquista irmandiña da fortaleza dos Andrade.

O castelo é o auténtico protagonista da celebración e ao seu arredor xira toda a festa, enchese de estandartes e pendons, e cubrese de luces. Ademais ao seu carón hai numerosos postos de comida e artesanía.



 O Castelo de Monterrei.

A Grande Guerra Imandiña, en especial a batalla que se libru frente ao castelo de Monterrei, un castelo impotente situado ao lado da villa de Verín (Ourense).
Célebrase normalmente nos últimos días de Setembro ou a primeiros de Octubre de cada ano nun dos castillos máis grandes e mellor conservados de Galicia, e omellor desto é que durante a escenificación podes dormir dentro del e andar por el. Para máis realismo, todo o mundo vai vestido como a xente da época, come coas mans como na época, e non se poden levar móviles, reloxos ou nada que se salga moito do que solían vestir en eses anos. O xogo consiste en realizar o papel dun dos guerilleiros en calquera dos dous bandos, con todo o que conleva. Guardiáns ao anoitecer, batallas entre centos de contrincantes, festas baixo á fogueira, enterramento dos líderes caídos...







Ningún comentario:

Publicar un comentario