venres, 7 de marzo de 2014
A Industria da Salgadura en Galicia
No ano 1770, un comerciante coruñés Don Xerónimo de Hijosa instalou por poder unha fábrica de secado e salgadura de peixe na Illa de Sálvora pertencente ao municipio de Ribeira, que en 1960 se lle añadiron dúas torres e almenas, e hoxe é conocida como O Almacén, sendo a primeira factoría de salgadura de Galicia.
Bueu foi pioneiro no desenvolvemento da industria da salgadura en Galicia.Dende o século XVIII ata o século XX a industria atravesou distintas etapas, para finalmente adaptar as súas factorías á industria conserveira.
A industria da salgadura en Galicia tivo moitas dificultades como podemos ver no texto do autor José Andrés Cornide Saavedra onde fala, dende o punto de vista dun ilustrado, dos problemas que tivo esta industria que podería ser un grande avance para a economía de Galicia. O principal problema foi a aparición dos cataláns no comercio de Galicia que transtornaron a boa vida e a abundancia deste pobo. como di o autor " viciaban os seus costumes" con isto refírese a que promovian os vicios para que os galegos fracasaran nos seus obxetivos.
Outro texto que fala desta situación é o do ilustrado Francisco Somoza de Monsoriu que dí que os cataláns aprobeitabanse da boa pesca e da industria da salgadura asi como do resto do comercio tratando os galegos como ignorantes polo seu descoñecemento nestas innovacións o ministerio era o causante disto xa que lle concedía a estes estranxeiros os postos de traballo e oportunidades que correspondían ó pobo galego.
Con todo isto esta industria veuse afectada por varias situacións a principal foi a explotación masiva da sardiña o que fixo que a salgadura decaera, outras consecuencias foron o crack do 29 que fixo que o comercio decaera en todo o mundo. Durante a Guerra Civil exportouse moito dende galicia xa que no resto da nación escaseaban os alimentos pero despois da Guerra as industrias volveron a decaer.
Toda a decadencia sufrida na posguerra xunto cos problemas anteriores trae para Galicia certas consecuencias nun futuro. Entre elas a mais importante é a situacion de atraso que ten esta comunidade ,no que a comercio e industria se refire, respecto do resto da nación. Ó mesmo tempo a intrusión dos cataláns e esa fama que tiñan os galegos de ignorancia e mediocridade arrastrouse ata os nosos dias como un tópico.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario